25 Xullo. Octavilla, pegatina, mesa materiales

Pegatina SRI 25 Xullo 2017

Día de la Patria Gallega, 25 Xullo

Como cada año, el SRI de Galiza ha participado en los actos y reivindicaciones de este día nacional galego.

Se repartió ampliamente la octavilla titulada “O estado fascista podrece”, se montó un puesto con materiales antirepresivos, de solidaridad, de difusión, como libros y cuadernillos escritos por los presos políticos, camisetas, chapas y pegatinas, mecheros y otros variados materiales para ayudar a sufragar los peculios de los represaliados políticos.

Se editó también una pegatina firmada por SRI:

Contra a represión do estado español. Solidariedade con tódolos represaliados e presos políticos. Pola Amnistía total. Dereito á autodeterminación”

Octavilla. Anverso

O estado fascista podrece

A represión é a única saída que o Estado fascista español pode ofrecer aos pobos das diferentes nacionalidades fronte a crise política, social e económica máis importante coa que está a lidar dende a falsa transición coas consecuencias que isto carrea.

Do bombeiro de Coruña procesado por negarse a formar parte dun desafiuzamento aos estudantes de Santiago condenados por participar nun escrache a un profesor machista e homófobo. Da condena ao vigués Adriel, por participar nunha manifestación estudantil á petición de 6 anos de prisión para Oliver, Nerea e Sine polo mesmo feito ou os dous anos que pide a Audiencia NAZIonal para os cinco mozos do colectivo “La Insurgencia” por exercer o dereito a liberdade de expresión a través do rap. Dos militantes de Causa Galiza, detidos e procesados por organizarse con reivindicacións coma a autodeterminación á xente de Ceivar perseguida por organizar a solidariedade cos presos políticos independentistas galegos…

E, en última instancia, os centenares de mozos que practicaron hai pouco a solidariedade nesta cidade ao participar nunha multitudinaria manifestación contra o peche do C.S.O.A. Escarnio Maldezir, agredidos de maneira criminal polos corpos represivos e que agora teñen que enfrontarse á extorsión organizada das multas por saír á rúa reivindicando a necesidade dos espazos populares.

O mesmo acontece no resto do Estado: Dos monicrequeiros e as deceas de rapaces da Operación Araña, raperos da Insurgencia do resto do Estado, Pablo Hásel o Valtonyc, todos eles procesados por defender o dereito á liberdade de expresión ata os nove rapaces de Alsasua (Navarra), acusados pola Audiencia NAZIonal de “terrorismo” e con peticións de 50 anos de cadea. Os presos políticos, pola súa parte, seguen a sufrir o illamento, a censura, a retención indiscriminada da súa correspondencia, a mala alimentación e o que aínda é peor: a falta de asistencia sanitaria que xa provocou a morte de varios deles.

Octavilla. Reverso.

E, mentres, o día 5 de Xullo, un obreiro era asasinado pola patronal ao caer da ponte de Rande (Vigo). Cando os seus compañeiros se manifestaron para protestar contra esta brutal explotación, atopáronse, coma única resposta, coa garda civil para impedir a mobilización. A nosa nacionalidade está á cabeza dos accidentes laborais, cifrándose en cerca de 25.000 no ano pasado.

Xa non hai dúbida. Calquera que se opoña a orde imposta pasará a atoparse no punto de mira do Estado e as súas institucións represivas, calquera que saía a rúa para esixir melloras laborais, sindicais, sociais ou políticas, calquera que lle plante cara ó fascismo e denuncie a súa falsa democracia, agárdanlle malleiras, torturas, condenas ou asasinatos.

Fronte a súa represión, só nos queda a unidade antifascista e a práctica da solidariedade activa, a denuncia constante dos criminais actos que practica constantemente o Estado español, centrándonos nestes momentos na solidariedade e o apoio por todos os medios ao pobo catalán, ameazado directamente pola ministra do Interior con sufrir no seu pelexo a máis brutal das represións a mans do exército se finalmente se deciden a levar a cabo o referendo para exercer o democrático dereito á autodeterminación.

Non podemos permitir que sigamos a ser encarcerados por reivindicar ou exercer os dereitos democráticos que o fascismo nos arrebatou polas armas no golpe de 1936.

Sen autodeterminación nin liberdades políticas,

NON HAI DEMOCRACIA

SRI

Foto. Mesa del SRI materiales solidaridad.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.