Represión: El juicio a Oliver y Nerea en Vigo, de nuevo suspendido.

Comunicado «Absolución Oliver e Nerea».

Represión: juicio en Vigo, de nuevo suspendido.

ABSOLUCION OLIVER E NEREA

É insoportable ver coma se persegue, criminaliza e condena de maneira continua a rapeiros, tuiteros, activistas sociais, estudantes e traballadores, antifascistas en xeral; ó tempo que Urdangarín e a familia real, os banqueiros que deixan na rúa as familias, explotadores e corruptos, neonazis e policías torturadores, saen impunes.

Agora van a por Oliver e Nerea, 2 mozos traballadores de Vigo ós que lles piden 6 anos de prisión por cabeza e unha multa superior os 12.000 € por asistir en solidariedade a unha manifestación estudantil!
Aquel día milleiros de rapaces tomaron as rúas para
reivindicar a educación pública e de calidade que o Estado lles nega, pero unha vez máis topáronse coa democrática resposta dos porrazos, pelotas de goma, detencións…
Entre o case centenar de identificados, a Oliver e a Nerea
tócalles ser as cabezas sobre as que tratar de escarmentar e atemorizar a xuventude de cara a loitar polo futuro que nos roubaron.

Sinalando que no caso de Oliver isto súmase a condena de 2 anos e 1 día de prisión imposta pola Audiencia NAZIonal por pertencer o colectivo musical »La Insurgencia», e tomar o micro para rapear sobre reivindicacións tan necesarias como: un traballo e unha vivenda dignas, unha educación e unha sanidade públicas e de calidade, o dereito de autodeterminación, a saída da UE e da OTAN, a AMNISTÍA e as liberdades políticas que nos negan sistematicamente, ou sobre a República Popular.

A tan so uns días para a celebración deste xuízo farsa non nos queda outra que facer un chamamento urxente ó apoio e á solidariedade.
Precisamos que se difunda o caso por todos os barrios, facer presión social para que a súa represión non sexa en
vano e o pensen dúas veces antes de meter na cadea a outros mozos loitadores.

Darlle visibilidade o feito de que se no Estado español non hai liberdades políticas NON pode haber democracia, ISTO CHÁMASE FASCISMO.
Fai uns meses foi Adriel (outro mozo traballador condenado
por asistir a unha manifestación estudantil en Vigo), hoxe tocoulles a Oliver e a Nerea.

Pero podería ter sido calquera dos milleiros de mozos que tomaron as rúas aquela xornada. Pero seremos calquera de nos, porque se te opós a este réxime de explotación, opresión e terror, xa estás no punto de mira.

4 de abril as 09:30h.

Concentración na porta dos xulgados (C/Lalín, nº4)

Unidade e solidariedade fronte a represion!

AMNISTIA!

-De nuevo ha sido suspendido el juicio hasta nuevo aviso-

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.